
Os Centros Galegos e as Casas de Galicia polo mundo adiante son as nosas embaixadas”.
“As mil primaveras das que falaba o noso Álvaro Cunqueiro para o futuro da lingua nosa. Graciñas polo voso traballo”.
Que momento diría que vive a lingua galega na actualidade? Unha encrucillada histórica. Por unha banda, ilusionante. A creación en galego e mesmo a proxección dos creadores e creadoras fóra de Galicia é moi importante e está a ser recoñecida: no cinema, na literatura, nas artes plásticas, na música, premios alén das nosas fronteiras, traducións… Hai unha xeración nova que, afortunadamente, supera eivas, complexos históricos, prexuízos que nos condicionaron e en parte aínda nos condicionan. Mais por outra banda, e as cifras son inapelables, estamos a perder falantes. Por diversas razóns: porque se rompe a transmisión xeracional nas familias, porque a política lingüística cara ás novas xeracións non funciona, porque cae a demografía e os modelos urbanos, onde o galego ten máis dificultades de difusión, vaise impoñendo ao medio rural, depositario histórico da lingua… Cualitativamente a lectura é positiva, xa digo. Cuantitativamente, a perda de poboación e de falantes preocúpanos.
Como valora que o galego entre no Congreso dos Deputados e no Senado? Debeu facerse antes, como algo natural. Dende o principio. Sen medos. As linguas son un patrimonio de todos os españois, se lemos atentamente e sen prexuízos a Constitución. Unha riqueza que debemos aproveitar e da que nos debemos sentir orgullosos. Ninguén está contra ninguén. Os custos económicos son mínimos e os beneficios, en termos simbólicos e políticos, son
“Os Centros Galegos e as Casas de Galicia polo mundo adiante son as nosas embaixadas”.
“As mil primaveras das que falaba o noso Álvaro Cunqueiro para o futuro da lingua nosa. Graciñas polo voso traballo”.
máximos. Non se ama o que non se coñece. Temos que coñecernos mellor entre todos.
Un debate político en galego… como o definiría? A que soa para os que non o falan? De primeiras pode chocarlles ás xentes que non están afeitas, fóra de Galicia. En Galicia o uso do galego no debate político é algo natural e maioritario. Para os de fóra de Galicia é unha cuestión de uso e de actitude, superando os vellos esquemas e os vellos prexuízos aos que me refería antes.
A última palabra que entrou no Dicionario da lingua galega, cal foi? Non o sabería dicir agora. O Dicionario é unha das riquezas das que nos sentimos máis orgullosos. Nestes momentos ten arredor de 130 mil consultas diarias. Digo ben, diarias! A incorporación e mesmo a revisión e a redefinición do léxico é constante. Traballamos sistematicamente en dúas frontes: o léxico patrimonial e a incorporación de cultismos ou termos de carácter tecnolóxico, científico etc. que impoñen os tempos. Traballamos cunha mentalidade moi clara: somos unha lingua milenaria, cun pasado e cun patrimonio histórico moi importante, pero que vive no século XXI.
O vocábulo máis bonito en galego que non exista noutras linguas, cal sería para vostede? É unha cuestión moi persoal. “Agarimo”, por exemplo. Que non o ten outro idioma, nin sequera o portugués, o noso idioma irmán. Significa cariño, colo, lugar de amparo ou
collida,agocho…“Agarimo”,“agarimar”,probablemente procede dun latín vulgar *aggremiare, que significaría “achegar ao colo”, de “gremium”, colo. Agarimar é o que máis necesitamos nestes tempos atravesados que nos toca vivir. Menos guerras e máis agarimos.
Onde diría que é máis coñecida a Real Academia, en Galicia ou fóra da Comunidade? En Galicia, naturalmente, e alí onde hai galegos e galegas que traballan coa lingua ou están interesados na nosa cultura. En Madrid, Barcelona, Euskadi, Buenos Aires… e nos lectorados de lingua galega que hai en medio cento de universidades no mundo.
A institución vai camiño do século, como mudou o galego nos últimos cen anos? Variou moito? A Real Academia Galega creouse en 1905, polo que ten máis de cen anos. De feito, despois da Real Academia Española, é a máis antiga das institucións destas características en España. Tocante ao galego, as mudanzas son as necesarias para incorporar as demandas de uso dos novos tempos, que teñen que ver coa ciencia, a economía, a comunicación, os avances tecnolóxicos… Como todas as linguas vivas.
Duranteoseumandato,calfoiaactividade máis destacada? Sen descoidar outros labores, nos últimos anos centrámonos moito na difusión: na utilización das novas tecnoloxías da comunicación para espallar o coñecemento e uso do idioma, pensando moi principalmente nas novas xeracións. Debemos ter en conta que o galego non é só o documento escrito nin a creación se centra exclusivamente na literatura. A lingua é unha realidade viva, que muda constantemente e precisa dunha actualización constante, e dunha constante relación cos falantes. Prestamos moita
atención á difusión nas redes sociais, en Internet, na creación audiovisual… Nas nosas posibilidades, procuramos fornecer de material estimulante a escola.
No noso Lar en Sevilla algúns socios falan galego. Unha obra ou escritor que non poidamos perder? Non quixera deixar ninguén fóra. Tampouco quero falar dos vivos. Os clásicos sempre son unha garantía: a obra de Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María… E os libros de Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Neira Vilas…
No noso Lar realizamos o Certame de Relatos Curtos María Teresa Rodríguez para obras en castelán e en galeg. Que papel teñen as Casas de Galicia en relación coa lingua? Como dixen antes, a lingua e a cultura galega é de todos os galegos e galegas que se identifiquen e recoñezan nela, vivan dentro ou fóra de Galicia. Houbo centros galegos, como o Centro de Barakaldo nos anos 60 e 70 do pasado século, que achegaron iniciativas moi importantes a prol do uso literario da lingua, por non falar de Buenos Aires, Montevideo, Xenebra, París etc. Hoxe xa non é só o uso literario, como dixen antes. Está a música, o teatro, o audiovisual… Os Centros Galegos e as Casas de Galicia polo mundo adiante son as nosas embaixadas, unha rede que pode servir de plataforma ou foro de difusión da nosa creatividade, e mesmo participar activamente nela.
Por último, unhas palabras en galego para os nosos lectores de Anduriña. A anduriña é unha ave que vén e vai e, na tradición popular, sempre trae boas noticias. Anduriñas eran aqueles emigrantes que,nopasadoséculoXX,íanevolvíanaGaliciadende América sobre todo, e traían noticias dos emigrados,
dos amigos, dos parentes, dos veciños da aldea… Hoxe o mundo non é así. A comunicación é case que inmediata, pero as anduriñas seguen voando nos nosos campos e aniñando nos beirados co anuncio da primavera. As mil primaveras das que falaba o noso Álvaro Cunqueiro para o futuro da lingua nosa. Graciñas polo voso traballo.